Barrosanta – Compañía de Teatro

Branding para Barrosanta

A marca Barrosanta trata de unha axencia de teatro de nova creación da man de Anxo Outumuro. Actor que sae da ESAD de Vigo para compartir o seu contido interpretativo con tod@s nós.

Branding para Barrosanta
Nesta primeira toma de contacto preparamos xunto con Anxo Outomuro a sua primeira obra debut con Barrosanta: Ragazzo!

Concepto

A compañía Barrosanta é unha nova compañía de teatro creada polo actor Anxo Outumuro (Barbadás, 1997), especifi camente para levar a cabo a produción do proxecto que aquí presentamos: Ragazzo. O fundador da compañía completou os seus estudos en arte dramática en Vigo, onde comezou a súa carreira profesional como actor, técnico de iluminación e ata axudante de dirección, e que agora expande ao eido da produción teatral para poñer en pé o seu propio proxecto. Decide facelo voltando ao seu berce natal e teatral, A Valenzá, unha localidade do concello de Barbadás que conta cunha gran tradición cultural. Aínda que como ben dixemos pertence ao concello de Barbadás, A Valenzá é considerada un barrio da cidade de Ourense, pola súa disposición xeográfi ca e a interacción social que existe entre ambas urbes. A delicada situación cultural que vive a capital provincial na actualidade xa se viu refl exada na relación co barrio de Barbadás (quen xa acolleu a pasada edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense). Este foi un dos motivos polos cales se decide montar e rexistrar a compañía en Barbadás, para potenciar a vida cultural do barrio, e tamén para alimentar a oferta na contorna de Ourense e na propia cidade, que nos últimos anos se viu mermada pola desaparición de compañías, a redución de axudas aos festivais ou o recente peche do auditorio municipal.

Concepto

Servizo - Branding dos Alfareiros

Modelamos o teu negocio ata acadar a forma perfecta. Briefing inicial, estudo básico de referentes e estética, tipografía e gama cromática. Deseño de 2 propostas de deseño, presentación de 3ª proposta final. ENVÍO ARTES FINAIS NOS DIFERENTES FORMATOS : VECTORIAL, JPG, PNG (TRANSPARENTES) ENTREGA DIXITAL

Servizo - Branding dos Alfareiros
O proceso de Briefing e Branding perfecto para comezar un proxecto con poucas necesidades espaciais.

Resultado

Como resultado obtivemos unha imaxe limpa e orgánica, a través da cal o cliente poida representar a súa compañía dentro de todas as súas obras teatrais sendo uniforme e non intervindo coa estética xeral da compañía. Simple e sintética.

Resultado